×

Mensaxe de erro

  • Warning: array_flip(): Can only flip STRING and INTEGER values! en DrupalDefaultEntityController->load() (liña 175 de /srv/www/drupal/htdocs/includes/entity.inc).
  • Warning: array_flip(): Can only flip STRING and INTEGER values! en DrupalDefaultEntityController->cacheGet() (liña 388 de /srv/www/drupal/htdocs/includes/entity.inc).

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

Proxecto de Decreto polo que se fixan os prezos correspondentes aos estudos conducentes á obtención dos títulos oficiais nas ensinanzas de música e artes escénicas, de idiomas, deportivas, de conservación e restauración de bens culturais....

Mar, 24/04/2012 - 12:05

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 9 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega e ao disposto no artigo 41 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, publícase a relación dos proxectos das disposicións administrativas de carácter xeral que están en tramitación.

Título da disposición: Proxecto de Decreto polo que se fixan os prezos correspondentes aos estudos conducentes á obtención dos títulos oficiais nas ensinanzas de música e artes escénicas, de idiomas, deportivas, de conservación e restauración de bens culturais e nos estudos superiores de deseño.

Obxecto: Fixar e actualizar os prezos públicos das ensinanzas de réxime especial na Comunidade Autónoma de Galicia, así como, establecer o réxime de bonificacións e exencións que se aplicarán aos mesmos.

Estado de tramitación: Fase final da Lei 16/2010.

Calquera proposición, suxestión ou recomendación relativa a este proxecto poderá remitirse ao seguinte enderezo electrónico: xsere@edu.xunta.es