Máis de 30.000 persoas visitaron a Mostra do Ensino 2012 organizada en Coruña pola Consellería de Cultura e Educación
O evento deu a coñecer o futuro educativo en Galicia
A Xunta continúa, a través destas iniciativas, a dar respostas ao sistema educativo galego
Sáb, 14/04/2012 - 18:51

Desde o pasado mércores, 11 de abril ata hoxe, a Mostra do Ensino 2012 celebrada en Expocoruña e organizada pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria recibiu máis de 30.000 visitantes.

Na xornada final deste evento, e dentro do ciclo de conferencias impartidas con participantes da Consellería recordouse a importancia que está a ter dentro da Educación e da comunidade en xeral a Lei de Convivencia, así como a inclusión de todas as mozas e mozos no sistema educativo galego. Deste xeito este encontro é a representación dunha parte do futuro dos sistema educativo en Galicia. O evento serviu para informar y orientar sobre la oferta educativa e saídas profesionais para os alumnos que teñen que adoptar una decisión de cara ao seu futuro.

Neste senso o Congreso e a Mostra formou un paquete completo onde ademais da oferta ampla no Congreso avaliouse de maneira temática e máis global segmentos como Idiomas, Formación Profesional, Tecnoloxías da Información e Diversidade e familia.

O balance

Ao longo destes catro días a iniciativa da Xunta a través da Consellería de Cultura e Educación tivo unha gran resposta con 30.000 os visitantes ao evento. Cómpre resaltar que esta iniciativa esta a ser impulsada pola Xunta desde o ano 2000 coa mesma filosofía, a de amosar a familias, empresa, público en xeral o sistema educativo galego e presentado polos protagonistas, a comunidade educativa, principalmente representada en profesores e alumnos, a actual oferta e sobre todo as innovacións como Abalar, traballos de Emprendemento, seguridade vial.

En total participaron no Congreso 43 persoeiros destacados do mundo da educación, e ademais colaboraron o Concello e a Deputación Provincia, a Universidade de A  Coruña e Vigo, Feuga e once empresas.

Máis de 30.000 visitantes

A Mostra do Ensino 2012 de Galicia superou todas as expectativas, non só en número de visitantes senón que tamén en participación nas distintas actividades e obradoiros, así como a do profesorado de toda a Comunidade e público en xeral nas conferencias e mesas redondas do Congreso de formación.

Así polo recinto de Expocoruña pasaron máis de 30.000 persoas, das que unhas 23.000 eran alumnos e alumnas de toda Galicia que as veces colapsaron tanto o acceso como o interior do recinto. Os centros que participaron  foron máis de 300 e asistentes ao Congreso pasaron dos 3.000.

Se falamos do persoal máis directamente implicado na organización e participación nas súas respectivas actividades hai que dicir que foron preto de 1.000 persoas, destacando os 60 centros tanto de FP, Escolas de Arte e Conservatorios, CIFP, a Escola de Imaxe e Son e os centros Abalar.

Deste xeito a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria volve a dar resposta ás demandas da comunidade educativa galega con iniciativas de cara da ao futuro.