Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

Comisións de servizos por motivos de saúde (2012)

Ven, 13/04/2012 - 13:13

Ábrese o prazo desde o 15 ao 30 de abril (ambos inclusive), agás para aqueles que estean participando nos concursos de traslados, para a solicitude de comisións por razóns de saúde.

Poderán solicitar comisións de servizo de saúde neste primeiro prazo todos os docentes de centros públicos agás os funcionarios de carreira e prácticas que estén participando nos concursos de traslados.

Os funcionarios de carreira procedentes doutras comunidades autónomas deberán participar neste prazo.

Todos os funcionarios do corpo de mestres poderán solicitar prazas pola especialidade de primaria. Os interinos e substitutos polas especialidades que teñan nas listas.

Teléfonos de información: no servizo de Primaria no 981 544 482 e 981 544 488 e no servizo de Secundaria no 981 545 255 e 981 545 407.

Correos electrónicos: persoal.primaria@edu.xunta.es ou persoal.secundaria@edu.xunta.es.