A Consellería de Cultura e Educación atrae a colexios de toda Galicia á Mostra do Ensino 2012
A asistencia de 45 colexios encheu esta mañá o evento, que se celebra en ExpoCoruña ata o vindeiro sábado
No congreso paralelo á Mostra afondouse na integración efectiva das novas tecnoloxías na práctica educativa que se está a acadar ao abeiro do Proxecto Abalar
Xov, 12/04/2012 - 19:17
A Consellería de Cultura e Educación atrae a colexios de toda Galicia á Mostra d
A Consellería de Cultura e Educación atrae a colexios de toda Galicia á Mostra do Ensino 2012

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria continúa a atraer de forma masiva a estudantes e docentes á Mostra do Ensino 2012, á que asistiron esta mañá como público 45 colexios de toda Galicia. Todos eles participaron activamente nas actividades e obradoiros que se están a desenvolver tanto na aula Abalar, como na de emprendemento e nos stands de Formación Profesional no marco deste evento, que se desenvolve en EXPOCoruña ata o vindeiro sábado.

Por outra banda hoxe desenvólvese a segunda xornada do congreso Formación e competencias na nova sociedade, de forma paralela á Mostra, dedicada ás Tecnoloxías da Información e a Comunicación. Así o programa da mañá contou coas intervencións de Miguel Angel Prats, da Universidade Ramón Llull, que falou das TIC e a xestión do cambio, e Dolors Reig, que disertou sobre as redes sociais na educación e asegurou que a sociedade sufríu una transformación imparable e polo tanto a maneira de ensinar é outra.

Posteriormente os Asesores Abalar Juan Menéndez e Alejandro González presentaron Redeiras, destacando que é unha  rede social para favorecer a intercomunicación entre o profesorado galego, co fin de fomentar o traballo colaborativo e o intercambio de experiencias como complemento á súa práctica educativa.

Finalmente, tivo lugar una mesa redonda moderada pola directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, Mar Pereira, que sinalou que o Proxecto Abalar "é una iniciativa que vai máis alá de dotar de equipamento tecnolóxico ás aulas", senón que se trata "dunha integración efectiva das novas tecnoloxías na práctica educativa, que foi iniciado a en 2010 co obxectivo de converter os colexios e institutos galegos en centros educativos dixitais". Neste mesa redonda participaron representantes das Comunidades Autónomas nas que explicaron as fases de implantación das TIC, e que contou coa participación de Juan Ramón Villar, do Ministerio de Educación; Manuel Magdaleno, do Goberno de Aragón; Pilar González, da Junta de Castilla y León; Ángeles Rivero, da Junta de Extremadura; e Carlos Vázquez, da Xunta de Galicia.

A xornada completouse pola tarde coa realización dos Obradoiros TIC dedicados ás ferramentas de creación de contidos, aos proxectos colaborativos, ao software libre no ensino, ás necesidades educativas especiais, e ás empresas TIC.