As vantaxes da formación profesional en Alemaña expostas no congreso organizado pola Conselleria de Cultura e Educación, na Coruña
O relatorio inaugural correu a cargo Carsten Moser, presidente da Cámara de Comercio de Alemaña en España, que apostou pola formación profesional e o emprendemento
Susanne Radike sinalou que nese país hai 360 especialidades e colaboran na formación preto de 500.000 empresas
Máis de cinco mil persoas estiveron na primeira xornada da Mostra do ensino e do Congreso de formación, con estudantes de colexios de toda a Comunidade Autónoma
Mér, 11/04/2012 - 20:30
Dorlies Susanne Radike-Thiel
Dorlies Susanne Radike-Thiel na mostra do ensino

Na Mostra do Ensino 2012, organizada pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, que hoxe abriu as súas portas, as conferencias do día correron a cargo de Carsten Moser e Dorlies Susanne Radike-Thiel, presidente da Cámara de Comercio de Alemaña para España e a encargada de Educación, Xuventude e Cidadanía no goberno de Berlín respectivamente.

Durante a súa intervención Moser destacou que “a receita para que España poida saír da crise apoiase no fomento dos emprendedores, a internacionalización e a fabricación de produtos de valor engadido”. O presidente da Cámara de Comercio, que falou das Competencias profesionais que demanda o sistema produtivo, resaltou a importancia de apostar pola “competitividade profesional” e a “calidade do capital humano”, algo para o que resulta fundamental a educación.  

Radike-Thiel

Pola súa banda Radike-Thiel foi a encargada de desenvolver nunha conferencia A formación dual en Alemaña, na que destacou en primeiro lugar a gran colaboración que existe en Alemaña entre o sector público e privado. Alí hai 360 especialidades de FP na que colaboran 484.000 empresas  e acolle a 1,6 millóns de aprendices, e así a eficacia e eficiencia do sistema é controlado tanto polas autoridades federais e das Rexións (Lander) como polas empresas.

No seu relatorio destacou que especialidades de FP establécense segundo o propio mercado laboral, o que significa que a empresas teñen en todo momento man de obra cualificada e nova ao mesmo tempo. As vantaxes para os cidadáns  son que aseguran futuro traballo en mercados relevantes e posúen un soldo ao tempo que aprenden una especialidade concreta.

Posteriormente tivo lugar una mesa redonda co lema Aprender a emprender, moderada polo director xeral da Fundación Barrié, Javier López e na que participaron o director xeral  de Imatia, Fernando Vázquez; a socia conselleira de  Femxa, Patricia García; o presidente do grupo Blussens, Jose Ramón García; e o presidente do grupo Azetanet, Gerardo Crespo.

A sesión rematou coa presentación da nova aplicación da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para a elaboración de programacións de Formación Profesional.

Cinco mil asistentes

Como avance de datos no primeiro dia de Mostra do ensino e do Congreso  sobre Formación e competencias na nova sociedade, hai que sinalar que foron instalados 53 stands con diferentes actividades diarias.

A colaboración do profesorado cífrase en máis de 2.000 de toda a Comunidade Autónoma e as previsións de asistencia da comunidade educativa será arredor das 25.000 persoas, das que uns 15.000 serán estudantes.

Na Mostra hai que falar do éxito que teñen as actividades programadas a diario, tanto no proxecto Abalar, da propia Consellería, como os espazos dedicados a bio construcción, idiomas, imaxe persoal, a Escola de Imaxe e Son, emerxencias sanitarias, emprendemento e as deportivas. Incluso toda a hostalería do Congreso é ofrecida por un centro de FP, ao igual que as outras actividades antes sinaladas.

Despois da primeira xornada hai que falar xa de que máis de cinco mil persoas pasaron por Expocoruña onte teñen lugar tanto a Mostra do ensino como do Congreso.

A programación do xoves

A xornada de maña estará dedicada ás Tecnoloxías da Información e da Comunicación. Neste senso a conferencia das 10 da mañá será impartida polo profesor de tecnoloxía educativa na Universidade Ramón Llull, por Miguel Angel Prats. Mentres que a segunda conferencia do Congreso será  da profesora de posgrado de Redes sociais, na UOC, Dolors Reig Hernández. Tamén farase a presentación de Redeiras, rede social da Consellería de Cultura, Educación, a cargo de Juan Menéndez y Alejandro González, do proxecto Abalar.

A sesión finalizará cunha mesa redonda sobre a integración das Tics na práctica educativa na que intervirán por parte do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, Xabier Gisbert; o director xeral de política educativa do Goberno de Aragón, Manuel Magdaleno; a directora xeral de Innovación de Castela e León, Pilar González. Ademais estarán presentes o secretario xeral de Educación da Xunta de Extremadura, ; César Díez; o director xeral de Educación, FP e Innovación Educativa, da Xunta de Galicia, Jose Luis Mira, así como  a directora da Axencia para a modernización Tecnolóxica de Galicia, Mª del Mar Pereira.

Toda a tarde continuarán os obradoiros TIC´s, así como a Mostra onde hai 53 stands diferentes con actividades diarias.