Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

Convocada a selección de novos centros adscritos á Rede Abalar para o curso 2012/2013

Mar, 20/03/2012 - 09:00

Xúntase a Resolución do 5 de marzo de 2012, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convoca a selección de novos centros adscritos á Rede Abalar para o curso 2012/2013.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.