Publícase a proposta de solicitudes aprobadas e denegadas para a formación de adultos

Xov, 15/03/2012 - 13:05

De conformidade co previsto na base 5ª da Orde do 16 de decembro de 2011 (DOG do 26/12/2012) pola que se convocaron as subvencións a entidades locais e asociacións sen ánimo de lucro, faise pública a listaxe das solicitudes propostas para concesión e das propostas para denegación.

Consonte co establecido na citada base, os interesados dispoñen de 10 días, contados a partir do día seguinte ao desta publicación, para formular alegacións e presentar os documentos que consideren pertinentes.