Encontre a súa información...

IV Concurso e Obradoiro Galego de Robótica organizado por IGACIENCIA en colaboración coa Fundación Barrié no marco de educaBarrié
Ven, 09/03/2012 - 13:43
IV Concurso e Obradoiro Galego de Robótica

O IV Concurso e Obradoiro Galego de Robótica está organizado por IGACIENCIA (Institución Galega de Ciencia) en colaboración coa Fundación Barrié, a Deputación de Lugo e o Concello de Lugo. Esta actividade terá lugar do 16 ao 21 de abril de 2012 no CEI Nodus da cidade de Lugo.

A robótica é un dos paradigmas da tecnoloxía actual. Axuda a comprender aspectos relevantes das matemáticas (xiros, programación), da física (movementos, sinais), e da mesma tecnoloxía, (sensores, motores, engranaxes...) etc... de modo que os alumnos poden ver a aplicabilidade dos seus coñecementos nun contexto real.

Ademais de aprender, teñen a oportunidade de enfrontarse e resolver desafíos en equipo, o cal lles abre a vía da participación no concurso.

Esas, e outras razóns, converten este obradoiro nunha das experiencias máis interesantes e motivadoras que se lle poden presentar ao alumnado.

Un aliciente engadido é que a cidade de Lugo ten numerosos puntos de interese para visitar e coñecer.

As bases,  información máis detallada, pódense consultar en http://www.igaciencia.org.