Resolución definitiva da Comisión designada no procedemento de integración do profesorado do corpo, para extinguir, de profesores técnicos de FP no corpo de PES convocado mediante a Orde do 17 de xaneiro de 2023

Mar, 23/05/2023 - 09:51

Xúntase a Resolución do 23 de maio de 2023 da Comisión designada no procedemento, convocado mediante a Orde do 17 de xaneiro de 2023, para que o profesorado do corpo, para extinguir, de profesores técnicos de formación profesional se integre no corpo de profesores de ensino secundario (código de procedemento ED021A) pola que se declara deserto esta nova convocatoria e se aproba e publica a relación de persoas que se exclúen definitivamente

O persoal interesado, que figura no anexo I da citada resolución, poderá presentar recurso administrativo obrigatoriamente por medios electrónicos, mediante o trámite "recurso de reposición" incardinado no procedemento ED021A, no prazo comprendido entre o día 24 de maio ata o 26 de xuño de 2023, ambos incluídos.

Non se admitirán as recursos que non sexan presentadas a través do procedemento indicado no parágrafo anterior.