Título node Learning object

Xornada “Un bosque cheo de libros. A literatura infantil e xuvenil en galego na actualidade”
Mar, 21/03/2023 - 10:38
Imaxe
A Biblioteca de Galicia organiza para este vindeiro venres 24 de marzo unha xornada baixo o título “Un bosque cheo de libros. A literatura infantil e xuvenil en galego na actualidade”.
 
Esta proposta pretende ser un percorrido polos 100 anos da literatura infantil e xuvenil galega. Este mesmo período é o que se repasa na exposición “Unha árbore de historias”, que é posible visitar ata finais de maio na propia Biblioteca de Galicia, e da que nace esta xornada de formación. Non obstante, aínda que nela haberá espazo para facer balance de todos aqueles elementos que conformaron a literatura infantil e xuvenil de noso tal e como se coñece hogano, o énfase estará nos libros actuais para o lectorado en formación.

 

A xornada terá lugar o venres 24 de marzo no Auditorio Xosé Neira Vilas da Biblioteca de Galicia, en horario de 09:00 a 18:30 horas. Entre intervencións haberá un descanso para una café ás 11:30 e ás 14:00 horas para unha comida lixeira.

Tanto a inscrición como os refrixerios programados na xornada serán de balde.
 
 
A inscrición pode realizarse, ata completar as 100 prazas dispoñibles, a través da seguinte ligazón:

 

Ademais, nos próximos días publicarase unha unidade didáctica e un programa de visitas guiadas que teñen como protagonista a exposición “Unha árbore de historias" .
 
Para máis información pódese escribir ao seguinte enderezo electrónico: bibliotecadegalicia@xunta.gal.