Cursos de acreditación da competencia dixital docente
Esta formación na Rede, desenvolvida polo Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI) a través da plataforma Platega, está orientada a que o profesorado dependente da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades poida certificar o seu nivel de competencia dixital docente en conformidade co Marco de Referencia da Competencia Dixital Docente publicado na Resolución do 4 de maio de 2022.
O MRCDD artéllase arredor de seis áreas de coñecemento, as cales serán obxecto desta formación:
Área 1. Compromiso profesional
Área 2. Contidos dixitais
Área 3. Ensino e aprendizaxe
Área 4. Avaliación e retroalimentación
Área 5. Empoderamento do alumnado
Área 6. Desenvolvemento da competencia dixital do alumnado
Os cursos dispoñibles neste momento para a inscrición a través de Fprofe son os seguintes:
G2201137 - Formación para a acreditación da competencia dixital docente no nivel A2 (50 horas)
Data límite de inscrición: 17 de febreiro
Data orientativa de inicio: 2 de marzo
G2201131 - Formación para a acreditación da competencia dixital docente nas áreas 3 e 4 do nivel A2 (15 horas)
Data límite de inscrición: 17 de febreiro
Data orientativa de inicio: 14 de marzo
G2201133 - Formación para a acreditación da competencia dixital docente nas áreas 5 e 6 do nivel A2 (20 horas)
Data límite de inscrición: 17 de febreiro
Data orientativa de inicio: abril
G2201138 - Formación para a acreditación da competencia dixital docente no nivel B1 (70 horas)
Data límite de inscrición: 28 de febreiro
Data orientativa de inicio: 14 de marzo
G2201135 - Formación para a acreditación da competencia dixital docente nas áreas 5 e 6 do nivel B1 (25 horas)
Data límite de inscrición: 28 de febreiro
Data orientativa de inicio: abril
Información importante:
-
Estas actividades son compatibles con outras actividades na Rede do plan de formación, pero non entre elas.
-
As datas de inicio son orientativas.
-
É necesario revisar o nivel de acreditación en Fprofe > Acreditacións para que a formación elixida sexa acorde coas necesidades individuais de competencia e acreditación.
Poderás obter máis información sobre a acreditación da competencia dixital docente no enderezo web https://www.edu.xunta.gal/portal/competenciadixital ou no correo acreditacioncdd@edu.xunta.gal