S2201081 Integración das novas tecnoloxías na docencia de linguas estranxeiras

Esta actividade de formación busca que o profesorado sexa quen de integrar as novas tecnoloxías na aula de linguas estranxeiras e aproveitar todo o seu potencial para axudar ao alumnado no seu proceso de aprendizaxe.
Ven, 16/09/2022 - 13:25
Integración dixital

Esta actividade ten como obxectivos que o profesorado poida seleccionar, crear, modificar, protexer e difundir recursos dixitais para a docencia de linguas estranxeiras. Ao mesmo tempo búscase adquirir estratexias de avaliación, planificación e retroalimentación co fin de familiarizarse cos principios da aprendizaxe colaborativa e autorregulada de linguas estranxeiras. E, por último, quérese promover a accesibilidade e a inclusión na aula de lingua estranxeira a través da capacitación dixital e a personalización. Entre os contidos que se van desenvolver, podemos atopar os seguintes:

1. Mellora (substitución e aumento) e transformación (modificación e redefinición) dos recursos dixitais.

2.Ferramentas para mellorar a habilidade comunicativa.

3.Ferramentas institucionais.

4.Dixitalización do deseño e avaliación de unidades didácticas.

Esta actividade impartirase os días 19 e 26 de novembro co seguinte horario. O primeiro día, a sesión da mañá, de 10.00 a 14.00 e a sesión da tarde, de 16.00 a 20.00. O segundo día, a sesión da mañá,  de 10.00 a 14.00 e a sesión da tarde, 16.00 a 19.00.

 

 

Menús CAFI node R

 

Sección

Áreas-CAFI