Convocados os premios fin de carreira para o alumnado que rematou os seus estudos de ensinanzas artísticas superiores no curso 2021/22 en centros públicos de Galicia

Mér, 10/08/2022 - 10:39

Xúntase a Orde do 21 de xullo de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan os premios fin de carreira da Comunidade Autónoma de Galicia para o alumnado que rematou os seus estudos de ensinanzas artísticas superiores no curso 2021/22 en centros públicos de Galicia (código de procedemento ED311G).

  • O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.