Título node Learning object

Antropoque? do IES de Ames, Ames (A Coruña) 2º premio de Innovación educativa 2010 Modalidade B (Introdución das competencias básicas na aula dixital) ESO/Bacharelato
Lun, 02/01/2012 - 14:35
Antropoque?
Historias de botellón

Sinopse:

Proposta de traballo práctico de investigación en Ciencia Humanas, dentro da materia optativa do Bacharelato, a Antropoloxía.

Asumindo o traballo de campo como estratexia metodolóxica iníciase ao alumnado nunha aprendizaxe activa e investigadora usando un aula virtual como espazo de colaboración.

Nivel: Bacharelato.

Autora: Alicia Eva Garea Traba.

Materiais (anexos):

  • Memoria do proxecto.
  • Fases e actividades para a realización dun traballo de campo.
  • Cómo se fai un traballo de campo.
  • A entrevista no traballo de campo.
  • Historias de botellón: un traballo de campo.
  • Historias de botellón: separata.