A21EG organiza a CONFINT-Galicia en Santiago de Compostela o 14 de xaneiro
Ven, 09/12/2011 - 11:29
Axenda 21 Escolar de Galicia

Os 42 centros participantes na Axenda 21 escolar de Galicia (A21EG)  estarán representados na Conferencia Infantil para o Coidado do Planeta (CONFINT-Galicia).

A CONFINT é unha campaña pedagóxica internacional dirixida á comunidade escolar de entre 12 e 15 anos, que ten por obxectivos:

  • Empoderar a opinión dos mozos e mozas de todo o mundo sobre o necesario coidado do planeta.
  • Promover a responsabilidades individuais e colectivas nunha dinámica de reflexión-acción.
  • Contribuír ao fortalecemento da Década da Educación para o Desenvolvemento Sostible (UNESCO).