Convocados os premios fin de carreira para o alumnado que rematou os seus estudos de ensinanzas artísticas superiores no curso 2020/21 en centros públicos de Galicia

Xov, 09/12/2021 - 09:48

Xúntase a Orde do 25 de novembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan os premios fin de carreira da Comunidade Autónoma de Galicia para o alumnado que rematou os seus estudos de ensinanzas artísticas superiores no curso 2020/21 en centros públicos de Galicia (código de procedemento ED311G).

  • O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.