G2101081 - O ensino semipresencial de linguas e mediación nas escolas oficiais de idiomas

O ensino semipresencial de linguas e mediación nas escolas oficiais de idiomas
Mar, 14/09/2021 - 13:22
Ensino semipresencial

Nesta actividade de formación, o profesorado das EEOOII poderá coñecer e utilizar diferentes recursos e dispositivos, dinámicas e metodoloxías para optimizar o ensino semipresencial de idiomas dirixido a persoas adultas nas escolas oficiais de idiomas. Por unha banda, aprenderá a monitorizar a aprendizaxe do alumnado, crear unha aula virtual, dinamizar os foros de interacción e promover actividades de carácter grupal e colaborativo que axuden a formar axentes sociais autónomos/as. Por outra banda, empregarase a observación, a innovación e a retroalimentación como complementos activos no proceso de revisión, corrección e avaliación de actividades lingüísticas.

Este curso terá unha serie de sesións presenciais (tres delas en Santiago de Compostela e dúas delas mediante videoconferencia), así como unha parte de traballo individual para os/as participantes. Para máis información pódese consultar o cartel da actividade, así como o código G2101081 en Fprofe.

Menús CAFI node R

 

Sección

Áreas-CAFI