×

Mensaxe de erro

  • Warning: array_flip(): Can only flip STRING and INTEGER values! en DrupalDefaultEntityController->load() (liña 175 de /srv/www/drupal/htdocs/includes/entity.inc).
  • Warning: array_flip(): Can only flip STRING and INTEGER values! en DrupalDefaultEntityController->cacheGet() (liña 391 de /srv/www/drupal/htdocs/includes/entity.inc).

Concurso de traslados para o profesorado dos corpos de catedráticos, PES, PT, EOI, EAA e OA, CMUS, mestres, inspectores ao servizo da Administración educativa e inspectores de educación para o ano 2012

Mar, 15/11/2011 - 08:30

Xúntase a Orde do 3 de novembro de 2011 pola que se convoca concurso de traslados entre persoal funcionario docente dos corpos de catedráticos e profesores de ensino secundario, escolas oficiais de idiomas, música e artes escénicas, artes plásticas e deseño, profesores técnicos de formación profesional, mestres de taller de artes plásticas e deseño, mestres, inspectores ao servizo da Administración educativa e inspectores de educación.

  • O prazo de presentación de solicitudes e documentos será de 15 días hábiles contados desde o día 16 de novembro de 2011, entendendo como primeiro día hábil o citado día 16. Finalizado este prazo non se admitirá ningunha nova solicitude nin a modificación das presentadas.

  • Lémbrase ao profesorado que a aplicación para introducir méritos no seu expediente persoal, así como para solicitar a habilitación para poder concursar por outras especialidades (neste caso referido ÚNICAMENTE ao corpo de mestres), actualmente só está aberta para aqueles que participan no concurso xeral de traslados.
  • Consecuentemente aqueles docentes que non participen no concurso de traslados poderán acceder á aplicación de datospersoais nun prazo posterior ao que se lle dará publicidade a través do Portal educativo.

Menú Advertisement

Concurso de traslados

Sen términos