Admisión a cursos de especialización de formación profesional. Adxudicación de prazas. Curso 2021-2022

Mar, 20/07/2021 - 09:25

Publicadas as listaxes de persoas con praza adxudicada en cursos de especialización para o curso 2021-2022.

O prazo de matricula ou renuncia do alumnado admitido en cada curso de especialización abrangue desde o martes 20 de xullo ata as 13:00 horas do luns 26 de xullo de 2021. A matrícula ou a renuncia deberase realizar no centro educativo da praza adxudicada. A renuncia a unha praza adxudicada realízase para permanecer en listaxe de espera doutra de mellor preferencia dentro dos cursos de especialización. As persoas con praza adxudicada nun curso de especialización son excluídas do resto dos procesos de admisión de formación profesional.