A Incubadora High Tech Auto achégase aos centros educativos de FP de Galicia

Mar, 11/05/2021 - 20:37

O pasado venres, 30 de abril, celebrouse unha xornada telemática de presentación de High Tech Auto Incubadora aos centros educativos que ofertan ciclos formativos da familia de Transpote e Mentemento de Vehículos e outras familias profesionais relacionadas coa industria auxiliar do automóbil (electricidade e electrónica, instalación e mantemento, ..), e aos centros con Viveiros de Emprendemento.

A HTA Incubadora, é unha iniciativa froito da colaboración da Xunta de Galicia, o consorcio da Zona Franca de Vigo, e a Fundación INCYDE, para o desenvolvemento de ideas empresarias no ámbito do sector da automoción, o sector auxiliar de componentes e os servizos avanzados para a industria da automoción.

Na xornada, a que contou con máis de 250 asistentes dos centros interesados, trasladouse aos centros, profesorado e alumnado interesado os obxetivos, funcionamento da incubadora, e prazos para a presentación de ideas a convocatoria actualmente aberta (ata o 21 de maio).

Os centros, profesorado e alumnado interesado, pode obter máis información no seguinte documento (presentación da Incubadora HTA) e na páxina web da incubadora.