A Xunta recoñece un total de 37 proxectos cos premios de innovación na Formación Profesional dotados con 800.000€

Desenvólvense en 47 centros, coa colaboración de 70 empresas e entidades
O obxectivo é potenciar as iniciativas innovadoras, o traballo colaborativo e a transferencia de coñecemento entre centros de ensino e mundo empresarial
Xov, 01/04/2021 - 11:22

A Xunta de Galicia vén de recoñecer un total de 37 proxectos cos premios de innovación na Formación Profesional. Nestas iniciativas, coordinadas por 25 centros públicos, participan un total de 47 Centros integrados de FP (CIFP) e Institutos de Educación Secundaria (IES), así como 70 empresas e entidades, o que demostra un gran traballo colaborativo e a unión de forzas entre a FP e o sector empresarial.

O obxectivo destes galardóns, que teñen unha dotación económica de 800.000€, é potenciar as iniciativas innovadoras, o traballo colaborativo e a transferencia de coñecemento entre centros educativos, empresas e outras entidades, procurando a calidade e a excelencia na Formación Profesional e o fomento do emprendemento.

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade aposta por transformar os ciclos en ensinanzas que se adapten ao contorno produtivo e ao novo modelo económico baseado no coñecemento como forza impulsora. Deste xeito estase a camiñar cara a un sistema de formación profesional máis áxil, flexible e eficiente, estreitamente vinculado ás demandas formativas da poboación e ao impulso de valores como a creatividade, a innovación e o traballo en equipo, así como á estimulación do espírito emprendedor.

Innovación tecnolóxica ou científica

Os proxectos puideron presentarse a dúas modalidades. A primeira delas, de Innovación tecnolóxica ou científica, está dirixida ás iniciativas que redunden na mellora de procesos de produción ou de prestación de servizos orientados a impulsar a transferencia tecnolóxica entre os centros educativos e o contorno produtivo. Ademais, estes proxectos deben ter unha incidencia significativa na futura inserción laboral do alumnado e na súa empregabilidade, favorecendo a aparición de oportunidades laborais e iniciativas empresariais.

Nesta modalidade resultaron galardoados os seguintes centros e proxectos:

Concello

Centro

Título do proxecto

Betanzos

IES As Mariñas

Deseño e impresión 3D de produtos de apoio para persoas con parálise cerebral

Carballo

IES Monte Neme

LoRaWAN NEMET

Cee

IES Fernando Blanco

Sistema de diagnose mediante parametrización de sensores en máquina de peche

Coruña, A

CIFP Someso

Enxeñería inversa 4.0

Ferrol

CIFP Ferrolterra

Aulas saudables no CIFP Ferrolterra

Ferrol

CIFP Ferrolterra

Sistema automático de transformación de residuo de madeira en enerxía

Ferrol

CIFP Ferrolterra

Equipamento anticovid para espazo de socialización

Lugo

CIFP As Mercedes

Construción dun equipo de xeración de hidróxeno verde para a subministración de enerxía eléctrica nunha vivenda

Lugo

CIFP As Mercedes

Deseño dun vehículo eléctrico para mobilidade terrestre e aérea

Lugo

CIFP As Mercedes

Milk Warmers

Lugo

CIFP As Mercedes

Fabricación de estrutura de aeronave real "E-GUS"

Lugo

CIFP Politécnico de Lugo

Sistema modular de ciberseguridade para redes TO

Mondoñedo

IES Plurilingüe San Rosendo

Rede de bosques comestibles: unha nova xestión do espazo forestal fronte ao cambio climático

Nigrán

IES Escolas Proval

Monitorización continua de parámetros físicos para mellora da calidade ambiental en contornos educativos

Ortigueira

IES de Ortigueira

Madeira de vestir

Pontedeume

IES Fraga do Eume

Simulación virtual de procesos en restauración

Pontevedra

IES Frei Martín Sarmiento

Investigación sobre o asesoramento e venda de produtos e servizos de imaxe persoal para clientes oncolóxicos coa axuda de ferramentas dixitais

Santiago de Compostela

CIFP Politécnico de Santiago

Aplicación da IoT para a preservación da fauna do Parque Nacional das Illas Atlánticas

Santiago de Compostela

CIFP Politécnico de Santiago

Mantemento 4.0

Vigo

CIFP Manuel Antonio

Proxecto de sustentabilidade en Centros Integrados de Formación Profesional

Vigo

IES Politécnico de Vigo

Desenvolvemento dun banco de ensaios de Bin Picking

Vilalba

IES Lois Peña Novo

Fogar e vehículo, conectados e sustentables

Vilamarín

IES de Vilamarín

Lupo 1481: viño aromatizado feito por nós

Vilamarín

IES de Vilamarín

Xabóns en Terra de Menciñeiros

 

Innovación didáctica

A segunda modalidade, de Innovación Didáctica, céntrase nas iniciativas que teñen como obxectivo a creación de materiais ou recursos didácticos que supoñan unha clara innovación nalgunha das familias profesionais. Estarán orientadas á introdución e á aprendizaxe de novos contidos, tecnoloxías avanzadas e instrumental ou maquinaria na aula ou no taller, potenciando o deseño de materiais didácticos, deseño de prototipos ou simuladores, laboratorios para prácticas ou maquetas, aplicacións informáticas, etc.

Ademais, eses materiais deben ser doadamente trasladables a outros centros onde se impartan as ensinanzas para as que foron deseñados.

Nesta modalidade resultaron galardoados os seguintes centros e proxectos:

Concello

Centro

Título do proxecto

Cedeira

IES Punta Candieira

Adestrador modular avanzado para a Industria 4.0

Cee

IES Fernando Blanco

Técnicas de intelixencia artificial para a resolución de problemas

Ferrol

CIFP Ferrolterra

Fasquía 3D: Dixitalización de formas das embarcacións tradicionais e difusión das tecnoloxías 3D en ámbitos non tecnolóxicos

Lalín

IES Ramón Mª Aller Ulloa

Optimización e informatización da electroforese de ADN

Marín

IES Chan do Monte

Ferramenta para instalación conxunta do ERP Odoo, o CMS Prestashop e o plugin de WordPress Woocommerce e a súa interconexión

Monforte de Lemos

IES Francisco Daviña Rey

Casa domotizada, fogar inclusivo

Ponteareas

IES Pedra da Auga

Adestrador de Smart Home

Santiago de Compostela

CEE Manuel López Navalón

Creación de contidos inmersivos: Innovación deconstrutiva

Sanxenxo

IES de Vilalonga

Maqueta didáctica de son Furgolonga

Vigo

CIFP Valentín Paz Andrade

Ensino virtual de aprendizaxe para a descrición e cálculo de cadeas cinemáticas

Vigo

CIFP Valentín Paz Andrade

Deseño, implementacion e posta en marcha de periféricos de alta eficiencia a unha inxectora de plásticos

Vigo

CIFP Valentín Paz Andrade

Motor seccionado e funcional para fins didácticos

Vilalba

IES Lois Peña Novo

Fuel cell H2