Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

Publicada a composición do tribunal que avaliará e supervisará a proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos correspondente ao ano 2021

Mar, 23/03/2021 - 11:29

Xúntase a Resolución do 22 de marzo de 2021 da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional pola que se designan os membros e se fai pública a composición do tribunal que avaliará e supervisará a proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos correspondente ao ano 2021.