Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

Resolución, lista de persoas excluídas e adxudicación provisional de vacantes do Concurso de traslados entre persoal docente do corpo de mestres

Xov, 11/03/2021 - 07:00

Publicación da Resolución da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se resolve provisionalmente o concurso de traslados entre persoal funcionario docente do corpo de mestres.

Contra esta resolución provisional, segundo o establecido na base vixésimo novena da Orde do 19 de outubro de 2020, cabe reclamación no prazo de dez (10) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da súa publicación na citada páxina web.

O prazo de renuncias será o mesmo que o establecido para as reclamacións.
Non obstante, serán admitidas as reclamacións e renuncias presentadas con anterioridade.
As reclamacións e renuncias poderanse presentar polos procedementos a que alude a base vixésimo segunda e remitiranse ademais por correo electrónico ao enderezo persoal.primaria@edu.xunta.gal dentro do prazo establecido.

  • O prazo para reclamacións e renuncias é o comprendido entre o día 12 de marzo ata o 26 de marzo, ambos incluídos.