Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

Publicación da adxudicación provisional do concurso de traslados para o profesorado dos corpos de catedráticos e profesores de ensino secundario, escolas oficiais de idiomas, música e artes escénicas, artes plásticas... para o ano 2021

Xov, 04/03/2021 - 07:01

Publicación da adxudicación provisional do concurso de traslados entre persoal funcionario docente dos corpos de catedráticos e profesores de ensino secundario, escolas oficiais de idiomas, música e artes escénicas, artes plásticas e deseño, profesores técnicos de formación profesional, mestres de taller de artes plásticas e deseño, inspectores ao servizo da Administración educativa e inspectores de educación.

Contra esta resolución provisional, segundo o establecido na base vixésimo novena da Orde do 19 de outubro de 2020, cabe reclamación no prazo de dez (10) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da súa publicación na citada páxina web. O prazo de renuncias será o mesmo que o establecido para as reclamacións.
Non obstante, serán admitidas as reclamacións e renuncias presentadas con anterioridade.
As reclamacións e renuncias poderanse presentar polos procedementos a que alude a base vixésimo segunda e remitiranse ademais por correo electrónico ao enderezo persoal.secundaria@edu.xunta.gal dentro do prazo establecido.

  • O prazo para reclamacións e renuncias é o comprendido entre o día 5 de marzo ata o 18 de marzo, ambos incluídos.