Título node Learning object
X Premio nacional de creación "Avelina Lamas"
Ven, 04/12/2020 - 13:36
O departamento de lingua castelá e literatura do IES "Ramón María Aller Ulloa" de Lalín (Pontevedra) convoca o X concurso de creación coas seguintes bases:
- Participantes: alumnado de 1º, 2º, 3º, 4º ESO, PMAR, FP Básica, 1º BACH e 2º BACH. O alumnado debe enviar, xunto ao seu traballo, un certificado do centro educativo no que curse estudos. Devandito documento debe indicar con claridade o curso no que está matriculado. Igualmente, o alumnado noutra folla debe sinalar o seu nome e apelidos, data de nacemento, DNI, dirección completa, dirección electrónica e teléfonos de contacto.
- Categorías: establécense tres categorías independentes. O alumnado poderá presentarse a todas as que desexe das que a continuación se enuncian:
- Marcapáxinas (un único primeiro premio de 100 euros): a persoa participante deberá remitir 3 marcapáxinas. O seu deseño (imaxes, formato) é libre, coa condición de que sexa totalmente orixinal. Incluirá un breve texto (unha reflexión, un breve poema) igualmente inédito. Calquera contido (total ou parcial) que non pertenza ao alumnado supoñerá a exclusión inmediata do traballo presentado. Recoméndase que o marcapáginas sexa realizado en cartolina e plastificado para evitar a súa deterioración.
- Portada dun libro (un único primeiro premio de 100 euros): elaboración dunha portada orixinal inspirándose nun texto literario xa publicado. O traballo presentarase preferentemente en formato folio estándar (DIN A4), aínda que se aceptarán outros formatos. Consistirá, así pois, nunha portada na que figuren o nome do libro, o autor ou a autora real e unha ilustración orixinal e inédita que garde relación co contido do texto.
- Poesía visual (un único primeiro premio de 100 euros): o traballo, igualmente orixinal e inédito, combinará un fragmento literario que crease a persoa participante (unha reflexión, un breve poema) cunha imaxe, elaborada esta última en calquera soporte ou formato (colaxe, acuarela, lapis, fragmentos de obxecto, etc.).
Pódense remitir dúbidas ao correo revistakareal@iesallerulloa.es
O prazo e lugar de presentación
Os traballos serán enviados antes do 30 de xaneiro de 2021 á seguinte dirección:
X concurso nacional de creación "Avelina Lamas2 departamento de lingua castelá e literatura
IES "Ramón María Aller Ulloa" (Lalín)
Rúa da banda de música, 8
Cp. 36500 Lalín (Pontevedra, España)