Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

A Axencia Estatal de Meteoroloxía e MeteoGalicia alertan dun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel amarelo por neve nas localidades indicadas na alerta

Xov, 03/12/2020 - 19:03

Ante a devandita situación de risco, a Comisión Escolar de Alertas acordou o seguinte:

1. A NON SUSPENSIÓN, da actividade docente nin do transporte escolar  dos centros educativos situados nos concellos das zonas de predición das montañas de Lugo e Ourense, interior de Pontevedra, interior de Lugo, sur de Lugo, noroeste de Ourense, sur de Ourense e Valdeorras, con seguimento das condicións climáticas. Tamén podería afectar puntualmente a zonas do interior da Coruña.

2. Por parte da autoridade Educativa comunicarase esta incidencia aos directores dos centros escolares e ás empresas de transporte, solicitando que leven a cabo esta medida e fagan un seguimentos dos partes meteorolóxicos durante a xornada na que se desenvolverá o adverso.

3. Para o caso de que as circunstancias da localidade onde se atopa o centro supuxesen un risco superior ao declarado, os directores poderán adoptar as decisións oportunas respecto  das actividades no exterior do centro educativo ou sobre as actividades extraescolares. Adicionalmente  extremaranse as condicións de circulación do transporte con seguimento das condicións climáticas.