Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

Publicación das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de mestres, especialidade de Pedagoxía Terapéutica (597036)

Xov, 29/10/2020 - 14:32

Xúntase a Resolución do 29 de outubro da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se aproba e se ordena a publicación da relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de mestres, especialidade de Pedagoxía Terapéutica (597036).

O prazo de reclamacións contra a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional é de cinco (5) días hábiles e comeza o venres día 30 de outubro e remata o xoves día 5 de novembro de 2020. As reclamacións deberán formularse por calquera dos medios previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas e dirixirse á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación e Universidade de acordo co establecido na base sexta da Resolución do 29 de outubro da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se aproba e se ordena a publicación da relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de mestres, especialidade de Pedagoxía Terapéutica (597036).

Non se admitirán as reclamacións formuladas por correo electrónico.

Para realizar reclamacións á relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional desde a sede electrónica da Xunta de Galicia deberá acceder a seguinte ligazón aquí.

Logo de acceder a ligazón os pasos a seguir son:

1º Premer no botón Tramitar en liña

2º Identificarse co seu usuario e contrasinal

3º Cubrir a solicitude xenérica do seguinte xeito nos campos:

  • Asunto Relacionado debe engadir: Alegacións á relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional do corpo de mestres, especialidade de Pedagoxía Terapéutica (597036)
  • Código de Procedemento debe engadir: 597036
  • Destinatario: Consellería de Cultura, Educación e Universidade

Dirección Xeral de Centros e Recurso Humanos

4º No seguinte paso deberá anexar a documentación que presente para emendar a súa solicitude ou formular a reclamación

5º Finalmente deberá asinar e presentar no rexistro electrónico e obter o recibo xustificativo da súa presentación.

As persoas interesadas poderán consultar a admisión á lista e o seu baremo provisional no enderezo web: www.edu.xunta.es/substitutoslistas

  • Resolución do 29 de outubro de 2020 (arquivo de resolución)
  • Anexo: relación de persoas excluídas (arquivo anexo de persoas excluídas)