Comunícase a apertura dun prazo para solicitar prazas de interinidades e substitucións no corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas, nas especialidades de chinés e xaponés

Ven, 30/09/2011 - 09:30

Xúntase o Anuncio do 16 de setembro de 2011, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, polo que se comunica a apertura dun prazo para solicitar prazas de interinidades e substitucións no corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas, nas especialidades de chinés ( 592004) e xaponés (592013).

  • O prazo para presentar a instancia de solicitude, na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria ou nos seus departamentos territoriais, será de dez días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.