Cursos de Actualización Lingüística do Profesorado (CALC)

CURSO 2020 - 2021 - Cursos de Actualización Lingüística do Profesorado (CALC)
Ven, 25/09/2020 - 09:19
Cursos CALC
Curso 2020-2021

Os Cursos de Actualización Lingüística do Profesorado (CALC), están orientados ao desenvolvemento das destrezas orais e da competencia comunicativa nunha lingua estranxeira, co fin de que o profesorado participante consiga a capacidade expresiva necesaria para poder impartir as súas aulas baixo estas premisas. Por este motivo, os CALC están dirixidos, preferentemente, ao profesorado de centros plurilingües e seccións bilingües que debe dar a súa materia en lingua estranxeira, pero pode matricularse calquera profesor que desexe acreditarse para impartir áreas, materias ou módulos non lingüísticos nunha segunda lingua.

Os CALC organízaos a Subdirección Xeral de Aprendizaxe Permanente e Ensinanzas de Réxime Especial, ofértanse a través do CAFI e dos Centros de Formación e Recursos e son impartidos por profesorado das Escolas Oficiais de Idiomas. Estes cursos teñen como obxectivo a preparación do profesorado, ao longo de todo o curso para a superación das probas de certificación das EEOOII. As persoas asistentes recibirán un certificado polas 120 horas de formación recibidas, pero non a a acreditación de nivel lingüístico, para iso deben superar as probas oportunas.

Unha vez seleccionado, o profesorado deberá acreditar que posúe o nivel de competencia anterior para ser admitido no curso, de acordo co anexo da Orde do 18 de febreiro de 2011, de acreditación de idiomas. O profesorado que conte con coñecementos previos pero non cunha certificación que o acredite, pode realizar unha proba de nivel no mes de setembro no CAFI ou CFR correspondente, para a que deberá inscribirse a través da aplicación www.edu.xunta.gal/fprofe.

Os cursos CALC que se desenvolven na área do CAFI son os seguintes:

- Zona de Ribeira

          - S2001088 - Inglés. Curso de actualización lingüística e comunicativa (CALC). Nivel C1

                            (mércores e xoves de 18:00 a 20:00h)

- Zona de Santiago de Compostela

          - S2001091 - Inglés. Curso de actualización lingüística e comunicativa (CALC). Nivel B2

                            (luns e xoves de 18:00 a 20:00h)

          - S2001090 - Inglés. Curso de actualización lingüística e comunicativa (CALC). Nivel C1

                            (luns e xoves de 16:30 a 18:30h)

          - S2001089 - Inglés. Curso de actualización lingüística e comunicativa (CALC). Nivel C1

                            (mércores e venres de 16:30 a 18:30h)

Menús CAFI node R

 

Sección

Áreas-CAFI