Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

Ábrese o prazo extraordinario de presentación de solicitudes de comisións de servizo por razóns de saúde para situacións de causas sobrevidas (ED010B)

Mér, 26/08/2020 - 09:16
A Orde do 28 de febreiro de 2020 pola que se regula a adscrición de forma temporal, en comisión de servizos e por petición da persoa interesada, do persoal funcionario dos corpos docentes e do persoal laboral docente que imparte as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación en centros dependentes desta consellería en atención a situacións persoais especiais por motivos de saúde (código de procedemento ED010B) establece no seu artigo 17 o seguinte:
 
Artigo 17. Causas sobrevidas
Os casos que poidan xurdir por causa sobrevida fóra do prazo de presentación de solicitudes establecido na presente orde e con anterioridade á adxudicación definitiva dos destinos provisionais para o curso académico dirixiranse ás xefaturas territoriais correspondentes no prazo de presentación de solicitudes extraordinario que se publicará na páxina web www.edu.xunta.gal.
 
Consonte ao establecido no dito artigo, ábrese o prazo extraordinario de presentación de solicitudes  de comisións de servizo por razóns de saúde para situacións de causas sobrevidas (ED010B)  desde o día 26 de agosto ata o 3 de setembro de 2020, ambos incluídos.

 

Para formular unha solicitude de comisións de servizos por razóns de saúde para situacións de causas sobrevidas deberá acceder ao enderezo www.edu.xunta.es/cadp e presentala na Sede electrónica da Xunta de Galicia, seguindo as instrucións que se indican na citada aplicación.