Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

Publicada a asignación definitiva de prazas para cursar os ciclos formativos de grao superior das ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño para o vindeiro ano académico 2020-21

Mar, 28/07/2020 - 16:51

Publicada a asignación definitiva de prazas para cursar os ciclos formativos de grao superior das ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño para o vindeiro ano académico 2020-21, segundo o procedemento regulado pola Resolución do 9 de xuño de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o acceso e a admisión do alumnado nas ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño para o curso 2020/21, (DOG do 19 de xuño),
As persoas aspirantes que acadaron praza poderán formalizar a súa matrícula na EASD correspondente do día 28 ao 31 de xullo.