Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

Publicación da Resolución provisional de adxudicación de destinos provisionais entre o persoal do corpo de mestres para o curso académico 2020/21

Lun, 27/07/2020 - 14:32

De acordo co establecido no punto sexto da Resolución do 17 de xuño de 2020 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos (Diario Oficial de Galicia nº 127, do 29 de xuño), publícase a resolución provisional de adxudicación de destinos provisionais entre o persoal do corpo de mestres para o curso académico 2020/21.

O prazo para formular reclamacións ou renuncias é o comprendido entre o día 28 e o 29 de xullo, ambos incluídos. As reclamacións formularanse en todo caso por medios electrónicos na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal). De formular a reclamación de xeito presencial a persoa que a realice presencialmente será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da reclamación aquela en que foi realizada a emenda.

As renuncias á resolución provisional do concurso realizaranse a través de http://edu.xunta.es/cadp e non resultará necesaria a súa presentación na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Cando se renuncie a todas as listas será necesario, ademais, remitir a documentación xustificativa escaneada ao seguinte enderezo electrónico: persoal.primaria@edu.xunta.gal.

PDF icon Resolución do 17 de xuño de 2020 (DOG)PDF icon Resolución do 30 de Xuño de 2020PDF icon Anexo I Solicitudes non participación en CADP: EstimadasPDF icon Anexo II Solicitudes non participación en CADP: DesestimadasPDF icon ANEXO III-Listado persoas obrigadas a participar CADP 2020_21 (PRIMARIA-funcionarios)PDF icon ANEXO III-Listado persoas obrigadas a participar CADP 2020_21 (PRIMARIA-interinos)PDF icon ANEXO III-Listado persoas obrigadas a participar CADP 2020_2021 (PRIMARIA-ORIENTACIÓN-interinos)PDF icon ANEXO IV-Listado persoas obrigadas a participar CADP 2020_21 (SECUNDARIA-funcionarios)PDF icon ANEXO IV-Listado persoas obrigadas a participar CADP 2020_21 (SECUNDARIA-interinos)PDF icon ANEXO V-Listado provisional persoal interino excluído listas (Primaria)PDF icon ANEXO VI-Listado provisional persoal interino excluído listas (Secundaria)PDF icon Resolución do 24 de xullo: relacións definitivas de persoal que ten a obriga de participarPDF icon Listaxe definitiva persoal interino obrigado a participar (Primaria)PDF icon Listaxe definitiva persoal funcionario obrigado a participar (Primaria)PDF icon Listaxe definitiva persoal interino obrigado a participar (Secundaria)PDF icon Listaxe definitiva persoal funcionario obrigado a participar (Secundaria)PDF icon Listaxe definitiva de persoal interino obrigado a participar (Primaria_Orientación)PDF icon Resolución provisional de primariaPDF icon Adxudicación provisional alfabética (Primaria)PDF icon Adxudicación provisional por orde de adxudicación (Primaria)PDF icon Resolución provisional destinos (Secundaria)PDF icon Adxudicación provisional alfabética (Secundaria)PDF icon Adxudicación provisional por orde de adxudicación (Secundaria)PDF icon Resolución definitiva de primariaPDF icon Adxudicación definitiva alfabética (Primaria)PDF icon Adxudicación definitiva por orde de adxudicación (Primaria)