Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

Resolución provisional dos centros seleccionados no programa “Educación Responsable: Programa para o desenvolvemento da educación emocional, social e da creatividade”, no curso 2020/21

Mér, 22/07/2020 - 10:32
er

Achégase a resolución provisional pola que se fai pública a relación de centros admitidos e excluidos conforme ao disposto no apartado 11 da Resolución do 10 de xuño de 2020 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola que se convoca a selección de centros docentes públicos de educación infantil, primaria e secundaria, educación especial e formación profesional dependentes da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional para incorporarse ao programa “Educación Responsable: programa para o desenvolvemento da educación emocional, social e da creatividade”, no curso 2020/21.

A publicación abre un prazo de cinco días hábiles para realizar reclamacións ou alegacións. Solicítase que se adianten estas reclamacións ou alegacións a través do correo electrónico asesoria.participacioneducativa@edu.xunta.gal