Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

Formación Profesional Dual. Convocatoria 2020. Listaxes definitivas de solicitudes

Mér, 15/07/2020 - 09:09

Publicadas as listaxes definitivas de solicitudes de admisión a proxectos de formación profesional dual para o curso 2020-2021.

O período de selección pola entidade  colaboradora é do día 15 ao 17 de xullo.

As listaxes garanten a confidencialidade dos datos persoais por iso cada persoa está identificada cun código persoal de consulta (CPC). O CPC é un código alfanumérico único para cada persoa que participa no proceso de admisión de FP. Para consultar a situación persoal nas listaxes poderase obter o CPC da aplicación informática ciclosadmisión.