Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

Resolución provisional de persoas admitidas e excluídas de comisións de servizos por conciliación da vida familiar e laboral para o vindeiro curso académico 2020/2021

Ven, 03/07/2020 - 16:10

Publícase a Resolución provisional de persoas admitidas e excluídas das comisións de servizos en atención á situación de conciliación da vida familiar e laboral de mestres, do profesorado de educación secundaria, de formación profesional e de réxime especial e do profesorado de relixión para o vindeiro curso 2020-21.

PRAZO DE RECLAMACIÓN:

  • O prazo de reclamacións comeza o día 6 de xullo de 2020 e remata o día 10 de xullo de 2020, ambos días incluídos.

  • As reclamacións á resolución provisional deberán ser realizadas electrónicamente accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada, disponible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal (código do procedemento ED 010A/2020) e ademais deberán remitilas, unha vez presentadas na sede, aos seguintes enderezos electrónicos.

 Mestres: persoal.primaria@edu.xunta.es

 Profesorado de secundaria: persoal.secundaria@edu.xunta.es