A Consellería de Educación abre o prazo para anotarse nas listaxes de docentes interinos e substitutos

O obxectivo é ter cubertas as necesidades que poidan xurdir no sistema educativo público o próximo curso en 49 especialidades​
Mér, 01/07/2020 - 12:01

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, acaba de abrir o prazo para anotarse nas listaxes para prestar servizos como docentes interinos e substitutos, nun total de 49 especialidades. Logo de esgotadas ou a piques de esgotarse as listaxes correspondentes a estes corpos docentes, iníciase o procedemento para a incorporación de novas persoas candidatas, co fin de ter cubertas as necesidades que poidan xurdir no sistema educativo público nos vindeiros meses. O prazo para formular solicitudes é de dez días hábiles contados a partir de mañá xoves, é dicir, ata o 15 de xullo.

Para seren admitidas, as persoas aspirantes deberán posuír, na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes os requisitos da convocatoria, isto é, a titulación requirida para cada especialidade, posuír a formación pedagóxica e didáctica axeitada (con carácter xeral o título oficial de máster universitario que habilite para o exercicio das profesións de profesor de ensinanza secundaria obrigatoria e bacharelato, formación profesional ou escolas oficiais de idiomas), agás nos  corpos de mestres, profesores de música e artes escénicas e artes plásticas e deseño, nos que non se esixe a formación pedagóxica. Así mesmo será necesario acreditar o coñecemento da lingua galega mediante os certificados habituais (Celga 4 ou a súa validación, curso de perfeccionamento en lingua galega ou a súa validación, título de licenciatura en filoloxía galego-portuguesa, certificado do nivel avanzado da escola oficial de idiomas ou certificado de ter superado o curso de especialización en lingua galega).

As persoas interesadas deberán formular unha solicitude e un aboamento de taxas por cada unha das especialidades nas que desexe inscribirse. Con elas deberán achegar cuberto o modelo de alegación de méritos, e unha copia da documentación xustificativa dos requisitos mínimos e da documentación acreditativa daqueles méritos que aleguen susceptibles de valoración segundo a convocatoria.

As especialidades nas que se abren as listaxes son as seguintes:

Corpo

Especialidades

Corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas

 

Chinés
Inglés
Italiano
Xaponés

Corpo de profesores de música e artes escénicas

 

Acordeón
Arpa
Fagot
Frauta travesa
Fundamentos de composición
Guitarra
Piano
Violín
Linguaxe musical

Corpo de mestres

 

Educación Física
Música
Pedagoxía Terapéutica
Audición e Linguaxe
Educación Primaria
 

Corpo de profesores de ensino secundario

 

Filosofía
Grego
Latín
Matemáticas
Francés
Orientación
Lingua galega e literatura
Administración de empresas
Asesoría e procesos de imaxe persoal
Informática
Organización e xestión comercial
Organización e procesos de mantemento de vehículos
Organización e proxectos de fabricación mecánica
Procesos de produción agraria
Procesos diagnóstico clínico e produtos ortoprotésicos
Procesos sanitarios
Procesos e produtos en madeira e moble

Corpo de profesores técnicos de formación profesional

 

Cociña e pastelaría
Estética
Laboratorio
Mantemento de vehículos
Patronaxe e confección
Peiteado
Procedementos de diagnóstico clínico e ortoprotésico
Procedementos sanitarios e asistenciais
Procesos comerciais
Servizos de restauración
Sistemas e aplicacións informáticas
Soldadura
Técnicas e procedementos de imaxe e son

Corpo de profesores de artes plásticas e deseño

Volume