Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

Acordo de ampliación do prazo de envío dos vídeos do Concurso de Curtas Senda dos Faros

Mar, 23/06/2020 - 13:32
s

Por mor da COVID-19, resultou imposible para a maioría dos centros inscritos no Concurso de Curtas Senda dos Faros rematar o proceso de creación dos audiovisuais e presentalos no prazo establecido.

En consecuencia, amplíase a data de entrega dos vídeos para participar neste certame, convocado ao abeiro da Resolución da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellería de Cultura e Turismo e da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional pola que se aproban as bases e se convoca o Concurso de Curtas Senda dos Faros.

  • O novo prazo de envío dos vídeos rematará o 30 de setembro de 2020 (incluído).

Por outra parte, en previsión da evolución futura da pandemia, substitúense os premios que figuran no artigo 3 das bases e implican desprazamento e concentración de grupos de alumnado e profesorado por outros nos que non se dá esta circunstancia. Os galardóns para os centros pasarán a ser os seguintes:

1.º Premio

Cheque-regalo de 1.000 € para material audiovisual ou literario en lingua galega; figura e diploma acreditativo.

2.º Premio

Cheque-regalo de 600 € para material audiovisual ou literario en lingua galega; figura e diploma acreditativo.

3.º Premio

Cheque-regalo de 400 € para material audiovisual ou literario en lingua galega; figura e diploma acreditativo.