Título node Learning object

UNICEF Galicia: material didáctico
Lun, 22/06/2020 - 08:30
UNICEF

Desde UNICEF Galicia, lanzouse  "Contaxio", un conto didáctico e emocional en galego dirixido á infancia e a adolescencia de Galicia, pero tamén á poboación adulta.

Esta iniciativa xorde en colaboración coa actriz e presentadora Lucía Regueiro, amiga de UNICEF Comité Galicia e como resultado temos "Contaxio" , un conto colaborativo creado por María Solar, Ledicia Costas e Fran Alonso, con ilustración de Leandro Lamas e edición de Lucía Rodríguez.

A historia é unha viaxe polo dicionario no que descubrimos como sente a palabra "contaxio" e no que imos coñecendo  a súa relación con outras palabras como "medo", "inxustiza" ou "pobreza2, pero tamén as oportunidades que lle brindarán "vacina", "medicina" ou "investigación".

Un amplo elenco de actrices e actores de Galicia quixeron participar nesta iniciativa poñendo a súa voz: Xúlio Abonjo, Miguel Canalejo, Monti Castiñeiras, Isabel Naveira, Federico Pérez, Lucía Regueiro, Beatriz Serén e María Vázquez.

Máis información

https://www.unicef.es/gal/educa/biblioteca/contaxio