II Edición do Plan Navega con Rumbo

Mar, 30/08/2011 - 09:43

Ábrese un novo prazo de solicitudes para participar na segunda edición do "Plan Navega con Rumbo”, unha iniciativa promovida desde a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria dentro do Proxecto Abalar da Xunta de Galicia, dirixida a todos os centros públicos da Rede Abalar e que non participaron na primeira edición.

Os centros públicos abalar interesados nunha destas charlas informativas, deberán remitir un correo electrónico á dirección abalar.navegaconrumbo@edu.xunta.es antes do mércores 7 de setembro indicando o seu interese en participar neste Plan.