Concurso Eduemprende Idea 2020

Mar, 02/06/2020 - 10:09
Publicada a Resolución do 20 de maio de 2020 pola que se dá publicidade ao Acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras do concurso Eduemprende Idea 2020, dirixido ao alumnado das ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas e deseño da Comunidade Autónoma de Galicia sostidas con fondos públicos, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento IG650A).
Comprende dúas modalidades:
  • Modalidade A: ciclos de grao superior
  • Modalidade B: ciclos de grao medio
A participación terá que ser en grupo, formado por un mínimo de dous/dúas alumnos/as e un máximo de catro.
 
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.