Título node Learning object

Fundación Repsol lanza eWorld sobre enerxía e cambio climático
Ven, 29/05/2020 - 11:49

Proxecto eWorld é un programa educativo adaptado ao currículo escolar de secundaria; é unha ferramenta que permite ás persoas docentes formarse e achegar ao seu alumnado os conceptos clave sobre a transición enerxética, o cambio climático e os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) dunha forma didáctica e interactiva.
 
Estrutúrase en cinco capítulos con contidos teóricos e prácticos e conta con vídeos, presentacións interactivas e materiais didácticos descargables para profesorado e alumnado.

O programa pódese adaptar con total flexibilidade  aos obxectivos e planificación das aulas, ademais fomenta o traballo transversal entre distintas materias.

Está deseñado xunto a persoas expertas en educación e enerxía e introduce as últimas tendencias en metodoloxías educativas como a aprendizaxe colaborativa ou por proxectos, a narrativa inmersiva e as dinámicas baseadas na gamificación.
 
O programa está dispoñible en www.fundacionrepsol.com

inscrición é gratuíta e está  aberta a todos os centros de educación secundaria.
Contidos didácticos:

  • Enerxía
  • Cambio climático e calidade do aire
  • Mobilidade sostible
  • Eficiencia enerxética
  • Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) 

Áreas de coñecemento:

  • Física e Química
  • Tecnoloxía
  • Bioloxía
  • Xeografía e Historia
  • Valores

 Competencias clave:

  • Matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía
  • Comunicación lingüística
  • Dixital
  • Sociais e cívicas
  • Aprender a aprender

 Metodoloxías didácticas:

  • Aprendizaxe Baseada en Proxectos (ABP)
  • Gamificación
  • Flipped Classroom (aula invertida)

 Para máis información:       
Asesoría Pedagóxica
programaeducativo@fundacionrepsol.com