O 97,68% do alumnado de cuarto de infantil obtivo praza no centro educativo escollido en primeira opción

Este ano rexistráronse 1032 solicitudes máis que para o curso 2019-2020
Xov, 21/05/2020 - 10:13

O 97,68% do alumnado que solicitou praza en 4º de educación infantil – 3 anos- nos centros educativos sostidos con fondos públicos nas 4 provincias galegas para o vindeiro ano académico 2020/21 obtívoa no colexio escollido como primeira opción. Este ano recibíronse en toda Galicia un total de 17.102 solicitudes para ese curso, 1.032 máis ca no curso anterior; polo que resulta suficiente a oferta de prazas deste curso de infantil, 27.160 postos escolares

Dentro do mencionado colectivo de alumnado de 3 anos, tan só un 2,32 % non acadou unha praza no centro de primeira escolla. Para esta pequena porcentaxe, as prazas serán asignadas este ano, e con carácter excepcional, polos servizos territoriais de inspección educativa de cada unha das xefaturas territoriais da Consellería, atendendo aos seguintes centros da preferencia marcada na solicitude de admisión.

Os datos polas 4 provincias son os seguintes:

 

Provincia

 Solicitudes recibidas

Escolarizados en 1ª opción

A Coruña

7346

97,26 %

Lugo

1749

97,48%

Ourense

1589

97,80%

Pontevedra

6418

98,18 %

Galicia

17102

97,68 %

 

Os datos polas 7 principais cidades son os seguintes:

Provincia

 Solicitudes recibidas

Escolarizados en 1ª opción

A Coruña

1732

94,63 %

Ferrol

404

99,50 %

Santiago de Compostela

804

95,40 %

Lugo

613

95,27 %

Ourense

768

97,53 %

Pontevedra

666

99,25 %

Vigo

2120

97,03 %