Ábrese o prazo de solicitudes para comisións de servizo por conciliación da vida familiar e laboral e para comisións de servizo por razóns de saúde para o curso 2020/2021

Mér, 20/05/2020 - 09:39

Orde do 14 de maio de 2020 pola que se abre o prazo para que o persoal docente solicite comisión de servizos por motivos de saúde, en atención á situación de conciliación da vida familiar e laboral, e o persoal docente interino e substituto solicite non participar na convocatoria de adxudicación de destinos provisionais para o curso académico 2020/21.

O prazo de solicitudes para comisións de servizo por razóns de saúde e para comisións de servizo por conciliación da vida familiar e laboral é do 25 de maio ata o 5 de xuño de 2020, ambos incluídos, tal e como se establece no artigo 1 da Orde do 14 de maio de 2020 (Diario Oficial de Galicia núm. 97 do 20 de maio).

Para formular unha solicitude de comisións de servizos deberá acceder ao enderezo www.edu.xunta.es/cadp e presentala na Sede electrónica da Xunta de Galicia, seguindo as instrucións que se indican na citada aplicación.

Teléfonos de contacto:

Profesorado de secundaria: 981 545406, 981 545407, 981 545255, 981 544486
Mestres: 981 544482, 981 544488, 981 545 440

Enderezos de correo electrónico:

Profesorado de secundaria: persoal.secundaria@edu.xunta.es
Mestres; persoal.primaria@edu.xunta.es