Título node Learning object

É de libro: seminario web "Profesor, resolve as túas dúbidas sobre propiedade intelectual para as túas clases desde casa"
Ven, 15/05/2020 - 12:34
x

Desde o Centro Español de Dereitos Reprográficos (CEDRO), o vindeiro xoves 21 de maio de 2020, a partir das 16:00 horas e baixo o título Profesor, resolve as túas dúbidas sobre propiedade intelectual para as túas clases desde casa, lánzase o primeiro seminario dun ciclo de seminarios web sobre alfabetización mediática para o profesorado.

Con esta formación darase resposta ás preguntas que, neste momento de confinamento, xorden ao profesorado nas súas clases a distancia á hora de utilizar contidos protexidos ou de crear materiais propios para o seu alumnado. 

Mercedes Morán, experta en propiedade intelectual no sector educativo, será a encargada de impartir este seminario.

Os interesados poderán inscribirse mediante a ligazón  http://www.esdelibro.es/seminario-web

 

Máis información

https://www.cedro.org/r/edl-formacion.jpg 

https://www.cedro.org/prensa