Título node Learning object

Propostas didácticas contra a lgbtifobia
Xov, 14/05/2020 - 18:38
portada

Co gallo da celebración do Día Internacional contra a LGBTIfobia, o Goberno de Canarias acaba de difundir unha proposta didáctica para promover o respecto polo colectivo LGBTI+ e para previr o acoso por razón da orientación sexual ou a identidade de xénero. O volume presenta propostas de traballo para as distintas etapas educativas, con ligazóns a recursos externos descargables. Destaca especialmente a abundancia en recursos destinados á materia de Lingua Castelá e Literatura. Tamén se ofrecen recomendacións de traballo coas familias.

Pódese descargar a publicación na seguinte ligazón.