Título node Learning object

XIII Concurso “Ignacio López Bueno”
Ven, 28/02/2020 - 11:45
XIII Concurso “Ignacio López Bueno”

A Dirección do “IES TERRA DE TRASANCOS” convida a participar a todos os centros educativos de Galicia na XIII Edición do Concurso de presentacións informáticas e audiovisuais “Ignacio López Bueno”.

Nesta ocasión traballarase sobre os PLÁSTICOS. Os obxectivos son: coñecer as súas características, analizar a problemática da eliminación de residuos asociada ao seu uso, investigar sobre as posibles solucións alternativas cara ao futuro, acadar unha maior concienciación da riqueza natural que estamos a destruír cos hábitos de consumo actuais e as repercusións que isto ten sobre a nosa saúde.

O concurso vai dirixido aos alumnos e alumnas de educación secundaria ESO, Bacharelato e Ciclos que estean matriculados no presente curso en centros de Galicia.

Os traballos terán como data límite para a súa presentación o día 2 de abril do 2020.
Máis información: