S1903025 - Experiencias na normalización e dinamización do galego

Xornadas Xosé Calviño
Xov, 13/02/2020 - 09:27
Experiencias na normalización e dinamización do galego

O CAFI e o IES Arcebispo Xelmírez I organizan as xornadas de formación do profesorado “Experiencias na normalización e dinamización do galego. Xornadas Calviño 2020”, que terán lugar os días 3, 4 e 5 de marzo de 2020.

 

Nestas xornadas presentaranse diferentes experiencias de innovación educativa dirixidas ao fomento do uso do galego no ámbito escolar. As sesións terán lugar na Aula Magna do IES Arcebispo Xelmírez I, en Santiago de Compostela. A inscrición debe tramitarse a través da aplicación web de xestión da formación do profesorado da Xunta de Galicia.

 

Achegámosvos o programa por se é do voso interese.

 

1º DIA, MARTES, 3 DE MARZO, 18.30

  • 18:30 INAUGURACIÓN: VALENTÍN GARCÍA GÓMEZ, Secretario Xeral de Política Lingüística

  • 19:00 -20:30 Conferencia : PILAR PONTE: 21 días co galego e+

  • 20:30 DESCANSO-CAFÉ

  • 21:00 – 22:30 ANA MOREIRAS: Mirando polo galego do futuro. Cine con Olloboi e Robótica con STARgal

 

2º DIA, MÉRCORES, 4 DE MARZO, 18.00

  • 18:00- 19:45 VALENTINA FORMOSO: Equipando a lingua

  • 19:45-20:15 DESCANSO-CAFÉ

  • 20:15 -22:00 CARLOS NEGRO: Versos que nos tiran da lingua

 

3º DIA, XOVES, 5 DE MARZO, 18.00

  • 18:00- 19:45 BERNARDO PENABADE: Modelo Burela

  • 19:45-20:00 DESCANSO-CAFÉ

  • 20.00-21:45 MANOLO MASEDA – SECHU SENDE: Regueifesta: improvisando o camiño da lingua e a música.

  • 21:45.CLAUSURA. NOA DÍAZ VARELA Concelleira de Educación, Mocidade, Igualdade e Políticas Lingüísticas.

 

Menús CAFI node R

 

Sección

Áreas-CAFI