A Comisión Escolar de Alertas amplía para hoxe as zonas de suspensión das actividades no exterior nos centros educativos

O adverso meteorolóxico afecta finalmente á totalidade da provincia da Coruña e Pontevedra, á Mariña de Lugo e a noroeste e montaña de Ourense
En todo caso, no resto das zonas as direccións dos centros escolares poderán adoptar as decisións que estimen segundo as circunstancias
Mér, 18/12/2019 - 10:01

A Comisión Escolar de Alertas acaba de ampliar para hoxe as zonas de suspensión das actividades no exterior dos centros educativos desde as 9 horas desta mañá ata as 18 horas desta tarde por un fenómeno meteorolóxico adverso de nivel laranxa con refachos de vento superiores a 100 quilómetros/hora que afecta ás zonas de predición meteorolóxica da totalidade da provincia da Coruña e Pontevedra, a Mariña de Lugo e noroeste e montaña de Ourense.

En todo caso, as direccións dos centros escolares das zonas excluídas desta alerta poderán adoptar as decisións que estimen oportunas se consideraran un risco superior ao declarado.

A listaxe de concellos incluídos en cada zona climática pode consultarse na páxina web de Meteogalicia (http://www.meteogalicia.gal/datosred/infoweb/meteo/docs/adversos/DefinicionZonasAdversos_gl.pdf ).