Título node Learning object

5ª Edición concurso educativo de debuxo e lectura "Agus&Monsters"
Xov, 05/12/2019 - 09:31
5ª Edición concurso educativo de debuxo e lectura  "Agus&Monsters"

5ª edición do concurso educativo de debuxo Agus& Monsters, é unha iniciativa para fomentar a creatividade e a imaxinación entre as nenas e nenos de Primaria, axudando aos e ás docentes no seu Plan Lector.

Participar no concurso escolar axuda a desenvolver o hábito de lectura dunha forma orixinal e divertida. A serie de novela gráfica de Agus&Monsters, coas súas entrañables personaxes descritas con humor e a través de ilustracións caricaturescas, converten aos nenos e ás nenas en incansables lectores e lectoras, levados e levadas pola maxia da lectura.

A participación no concurso baséase na comunicación visual e competencia artística. O alumnado, de entre 6 e 12 anos, só terá que debuxar un monstro ao estilo da serie literaria, válido en calquera técnica (lapis, ceras, dixital).

Nesta nova edición poderase contar con actividades de aula que seguen as pautas do Plan Lector e unha guía de lectura estruturada.

Para poder participar, saber máis sobre os materiais educativos e premios que ofrece o concurso

 www.agusandmonsters.com/es.