Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

Proposta de concesión das axudas destinadas a persoas tituladas universitarias en situación de desemprego para a matrícula nun máster universitario oficial ofertado polas universidades do SUG no curso académico 2019/2020

Xov, 28/11/2019 - 12:35

De acordo co establecido nas bases da convocatoria, a Comisión Avaliadora acordou, con data 28 de novembro de 2019, elevar á conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional a seguinte proposta de concesión de axudas destinadas a persoas tituladas universitarias en situación de desemprego para a matrícula nun máster universitario oficial ofertado polas universidades do Sistema Universitario de Galicia no curso académico 2019/20.
Esta listaxe faise pública exclusivamente a efectos informativos. Proximamente publicarase no Diario Oficial de Galicia a Orde de resolución coa listaxe oficial de concedidas e denegadas.